- Back to Home »
- apps , Sesións curso »
- Sesión 1 : Susana Lamela
Posted by : Unknown
jueves, 18 de diciembre de 2014
Onte tivemos unha sesión con Susana Lamela. Aquí deixamos unha foto para que a vexades.
Relatounos a súa experiencia persoal traballando con cativos nunha aula de 2º de E.Primaria con dispositivos móbiles.
Presentounos o proxecto desenvolto baixo o título de "senticolor" que naceu coa idea de traballar a lectoescritura intentando abandoar os métodos tradicionais.
Na segunda parte amosounos o proxecto integrado "carritus", no que de forma globalizada abarca o traballo das distintas áreas do currículo dende unha perspectiva competencial tomando como eixe motivador o consumo responsable.
A continuación ensinamos o resultado do traballo realizado nos distintos grupos.
1º grupo: traballaron cunha regra ortográfica app NOTEGRAPHY:
2º grupo: traballaron coa app AUTORAP, para crear unha canción onde aconsellaban título de libros
3º grupo: utilizaron a aap WORDMOSAIC para expresar sentimentos
4º grupo: mediante app THINGLINK crearon unha árbore xenealóxica das partes do corpo.
5º grupo: resolveron un problema matemático utilizando app DOCERI
Canto traballamos e que ben o facemos
ResponderEliminarXenial o traballo que realizástedes ;)
ResponderEliminar